O noso lema e as Xornadas Inaugurais 2021 

Este curso escolar 2021-22 arranca cunhas Xornadas Inaugurais que teñen como obxectivo inicialo cunha pincelada evanxelizadora que impulse e favoreza o fomento dos valores humano – cristiáns dentro e fóra da aula, en todo o proceso educativo, desde o principio.

Marcámonos como meta que toda a Comunidade Educativa chegue a entender a mensaxe: Acércate!, lema deste ano, que simboliza unha viaxe espacial guiada por Edu -a mascota que vai estar presente durante toda a ruta-, e  trata de reunir valores e mensaxes a traballar todo o curso. 

En dita viaxe haberá tres paradas que  corresponden aos tres trimestres: Conéctate coa Creación! (para traballar a curiosidade que permita un coñecemento da mesma, coincidindo coas xornadas de inicio de curso e o Advento); Conéctate co mundo! (que traballa a creatividade en proxectos de Aprendizaxe – Servizo para o coidado do planeta baixo a inspiración da encíclica “Laudato si” do Papa Francisco);  e finalmente,  conéctate coa vida! (na que se traballará a alegría e esperanza para cambiar o noso entorno e  melloralo).