Conmemoración de Santa María Nai dos orfos

O 27 de setembro de 1511 o noso padroeiro San Jerónimo Emiliani recuperou a súa liberdade en tempos de conflito grazas á Virxe. Así, a comunidade somasca, celebra este día e convértese na inauguración oficial do curso escolar. 

Celebraremos unha paraliturxia no patio e logo unha saída – convivencia ao Montiño os maiores, os pequenos ao Castelo de Santa Cruz e Infantil queda no centro. Nestes espazos haberá un tempo para reflexión e convivencia, pero tamén circuítos de xogos, música e dinámicas de permitan desfrutar da xornada.