Premiado Relato Curto Coca-Cola

O alumno Mario Alonso Estévez de 2º ESO, durante unha gala virtual, foi recoñecido gañador ao obter o primeiro posto da provincia de Pontevedra na 12ª Edición do concurso de Relato Curto organizado por Coca-Cola. A actividade desenvolvérase nunha plataforma dixital o venres 5 de marzo. Parabéns ao premiado polas súas destacadas habilidades lingüísticas e creativas!!!!