O tempo nun saco de palabras

on

O EDLG quixo participar no Plan Proxecta Meteoroloxía durante este terceiro trimestre coa a actividade “O tempo nun saco de palabras”. A dinámica consistía en recompilar palabras e poñelas en sacos xigantes, un por etapa e por andar. 

Así, Infantil meteu no saco debuxos, e os maiores chegaron a escribir algunha palabra. Primaria traballou con debuxos e palabras relacionadas co tempo en xeral e con obxectos para o medir. Secundaria traballou palabras atendendo ás diferentes categorías gramaticais e á súa evolución etimolóxica.