O conto viaxeiro

O alumnado de 2º Educación Primaria participou nun fermoso proxecto do colexio San Xerome, e que consistía en sumarse á elaboración dun conto que o seu alumnado empezara; os protagonistas: unhas valentes fadas,  un “temible” dragón…

Así, está a viaxar por todos os centros da vila para tecer unha linda historia. 

Aquí tedes a parte coa que o alumnado do noso centro colaborou nesta magnífica iniciativa.