O venres 26 de marzo, todo o alumnado do colexio levou a cabo unha actividade previa á Semana Santa. Tratábase de acercar aos nosos alumnos á oración do Vía Crucis mesturada cunha intención de coñecemento da historia e tradición da vila. Os máis pequenos do colexio visitaron a capela para recoñecer as catorce estacións; os de Primaria foron coñecer o Vía Crucis da casco urbano; 1º e 2º, nese lugar, xogaron a atopar cruces grazas a unha gamificación de oración. Os maiores subiron ata o Monte Santa Trega para coñecer e recorrer as catorce cruces, lendo diante delas o texto de cada parada do Calvario. A actividade foi todo un éxito!