Novo Atalaia 34

on

O colexio ten un novo exemplar da revista Novo Atalaia. Trátase do número 34 e foi publicado o xoves 6 de febreiro de 2020. Nela, intentouse resumir as actividades levadas a cabo no colexio ata a data. Como portada, un collage de debuxos de todos os cursos do centro; cada un deles, reflicte a mensaxe do lema deste curso escolar “Arríscate”.

A revista é o resultado do traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, de alumnos e profesores que botaron unha man, pais que aportaron imaxes e información e, todos aqueles que contribuíron a que fose posible.