Aniversario de Rosalía

O aniversario de Rosalía este ano foi durante o Antroido, polo que o alumnado do
colexio celebrou durante o xoves 27 e venres 28 de febreiro, a data sinalada para
homenaxear á quen foi a senlleira impulsora da lingua galega.
Este ano decidiuse traballar a faceta relixiosa da escritora. Así, os máis pequenos do
colexio encargáronse de elaborar un cartel xigante no que interpretaron os sons desas
“campás” que tantas veces Rosalía fai sonar nos seus versos.

undefined

Tamén o alumnado de Primaria rendeu homenaxe á de Padrón con outro cartel no que
trataron de traducir a debuxos outros versos, e tamén de Cantares Gallegos


Os alumnos de ESO tamén participaron cun cartel que interpretaba, igualmente, versos
relixiosos, pero neste caso, de Follas Novas.