
O colexio ten un novo exemplar da revista Novo Atalaia. Trátase do número 33 e foi
publicado o luns 11 de febreiro de 2019. É o resultado do traballo dos alumnos de 2º
ESO na materia de Investigación e Tratamento da Información. Nela intentaron resumir
as actividades levadas a cabo no colexio ata a data. Como portada un lugar de
vixilancia, como unha atalaia, unida ao lema do colexio deste curso escolar.