INAUGURACIÓN MES DE SAN XEROME EMILIANI (1 de febreiro)

Este xoves 1 de febreiro de 2024 os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere inauguraron de maneira oficial o mes do noso Padroeiro San Xerome Emiliani. Ás doce do mediodía fíxose unha xuntanza de todos os cursos no patio cuberto do colexio, onde se despregou unha pancarta de San Xerome sobre as pombas da paz colocadas dous días antes. A continuación deuse o pistoletazo de saída cunha conta atrás que puña en marcha o mes dedicado San Xerome, un mes cheo de actividades coma o Tesouro, a eucaristía, unha chocolatada con churros, a visita dun misioneiro somasco, e tamén a organización dun «mercadillo solidario» para colaborar coa ONG Emiliani que atende a tantos menores necesitados por todo o mundo. En definitiva, un conxunto de accións que conectarán un ano máis ao noso alumnado co carisma somasco que tantos anos leva xa presente nesta pequena localidade galega.