Este domingo 14 de maio celebrouse na Guarda a 3ª carreira inclusiva e solidaria «Revirando», organizada polo Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere. Unha carreira feita polos nenos dos Somascos, coa axuda do colexio irmá San Xerome Emiliani e a Residencia de Maiores Monte Tecla, e que contou coa participación de diversas asociacións como AGAELA, AMFIV ou DISCAMINO. Este ano, todo o diñeiro recadado –patrocinadores, inscricións e donativos– foi doado á AGAELA, a Asociación Galega que loita contra a terrible enfermidade da Esclerose Lateral.
A comisión de profesores do colexio que coordinou o evento quere dar as grazas a todas as persoas que participaron ese día –por certo, unha vez máis de forma masiva– por ser partícipes dunha carreira e andaina tan entrañable para nós; sen esquecer aos patrocinadores e institucións que dende un primeiro momento a apoiaron e a fixeron posible, estando presentes incluso o día ca carreira. A marea de cor que volveu a inundar ás rúas da Guarda –este ano de cor fucsia– foi unha mostra máis do tradicional compromiso do colexio PP. Somascos co Deporte, a Solidariedade e a Cultura da Guarda.