Ensinamos en cascada

O 31 de marzo, logo de recibir unha pequena formación en primeiros auxilios, parte do noso alumnado de 3º e 4º ESO, exerceu de pequenos formadores cos cursos de 1º, 2º e 4º de primaria para lles transmitir os aspectos básicos de prevención, actuacións e técnicas de auxilio.