Quedamos cuartos a nivel nacional

Hoxe, ás 19:30, tivo lugar o acto de entrega dos premios FICTION EXPRESS de lectura na Casa Rius, en Barcelona, no que o noso centro recibiu o cuarto premio na modalidade de lectura por alumno.
Este é o terceiro ano que empregamos o modelo de lectura dixital na área de inglés (desde 5 EP A 4 ESO) e lingua castelá( ESO) no Plan lector. Con este sistema, os alumnos poden interactuar cos autores dos libros “vivos” ou ler directamente exemplares da biblioteca dixital.
Este recoñecemento é moi significativo, posto que se outorga de entre máis de 8000 centros educativos de todo o mundo. Por tanto, obter un cuarto premio fainos sentir moi orgullosos do tesón e do traballo do profesorado participante no programa e da implicación do alumnado.