Este luns 30 de xaneiro de 2023 os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere celebraron o Día da Paz cunha actividade titulada: “Grilandas para a Paz”. Na semana previa a este día o alumnado elaborou, en obradoiros de manualidades, diversos símbolos de Paz en cor branca (pombas, mans, corazóns, algodóns, textos de paz, etc.) que logo foron colocados en longas grilandas para que atravesaran o patio cuberto do colexio como unha homenaxe da comunidade educativa a este día tan importante.