Candelas Varela, enfermeira de vocación, contounos hoxe a súa experiencia estes 25 anos de profesión e entrega, no Congo. Aló dirixe unha escola de enfermería, que compatibiliza coa xestión da Fundación Monkole e o seu traballo no hospital da capital do país africano, do que regresou temporalmente para ser tratada de malaria, meses atrás, e pola que estivo a piques de perder a vida. O alumnado de 2, 3 e 4 ESO escoitou con moita atención o seu testemuño de amor ao próximo.