O 27 de setembro de 1511 o noso padroeiro San Jerónimo Emiliani recuperou a súa liberdade en tempos de conflito grazas á Virxe. Este día tan especial para a comunidade somasca, convértese na inauguración oficial do curso escolar 2022-23.
Hoxe, celebraremos unha convivencia fóra do centro: fomos ao “Montiño”, e alí, o P. Vidal deu unha charla para explicar que celebramos nesta xornada e por que. A continuación, co alumnado organizado en grupos caracterizados con camisetas de cores diferentes, e mesturados dentro da súa etapa, leváronse a cabo merenda e xogos.
Convivencia, diversión e reflexión … marcan o punto de partida deste novo ano escolar que comeza.