O pasado 8 de setembro, demos a benvida ao curso 2022-2023!!!!Comezamos coa alegría propia do reencontro tralo período estival.
Unha imaxe de noso padroeiro San Xerome Emiliani, xunto coa mascota Marvi, recibiron ao alumnado.
A través do lema deste ano “Donde lo maravilloso ocurre”, buscamos un estilo de convivencia baseado nos valores do Carisma Somasco e da Fundación Educere.
O alumnado rapidamente preguntou que representaba o debuxo de Marvi e o lema que o acompañaba.
Marvi reflicte a sinxeleza, a inocencia e a ocorrente imaxinación, cunhas formas moi simples en volume e fácil de identificar para os máis pequenos.
O lema componse da palabra “Dónde” ancha para reforzar que a escola é un espazo grande onde caben todos. A tipoloxía de “Maravilloso” é esvelta e minimalista, expresando que o marabilloso foxe do complicado e complexo.“Ocurre” cun estilo máis festivo, atrevido e alegre, fai un chisco á concordia e á inclusión.
Neste primeiro día, e parte do seguinte, leváronse a cabo as Xornadas Inaugurais, cuxo obxectivo foi o de iniciar o curso cunha pincelada evanxelizadora para impulsar e favorecer o fomento dos valores humano – cristiáns dentro e fóra da aula, en todo o proceso educativo, desde o principio. Así, este ano será a FRATERNIDADE o valor máis presente, polo que o “bo samaritano” comeza a parecer nas dinámicas destes días iniciais.
O alumnado de Educación Infantil e primeiro mais segundo de primaria, comezaron estas xornadas guiados por un genially, grazas a el cantaron a canción proposta, intercalaron o vídeo do Bo Samaritano, e fixeron xogos. O máis maiorciños, debuxaron e colorearon a Marvi.
No resto da etapa de Educación Primaria, a xornada primeira iniciouse cunha dinámica de presentación da mascota que xa recordaban da entrada e escaleiras de acceso ás aulas. Logo traballaron na creación dun escudo persoal que lles serviría para se presentar na charla posterior. Fixeron unha actividade para localizar contrastes ao seu redor e reflexionar sobre eles: que sentiron, medo, tristura…
Tamén visualizaron a parábola do Bo Samaritano, para logo facer un Kahoot e por de manifesto a súa comprensión. Todo estaba organizado nun genially.
En Educación Secundaria, seguindo o mesmo software, iniciouse a xornada cunha actividade de presentación baseada nunha batería de preguntas e retos que mostraran as súas preferencias, gustos… Visualizaron a parábola que inspira as dinámicas, reflexionaron sobre a canción de Dani Martín Mentira, e puxéronse na pel doutros, con xogos como o de “Se eu fora” ou a “Ventá de Johari.
Unha das dinámicas destas xornadas era crear en tres dimensións a Marvi. Así, os profesores da materia de Tecnoloxía viron que era un traballo perfecto para o alumnado de 1º e 2º ESO. Xuntos, comezaron un proxecto laborioso, pero que está a resultar moi produtivo.