Letras Galegas 2022

Ao  longo desta semana, estivemos a traballar no colexio a figura de Florencio Delgado Gurriarán. As actividades tiñan como obxectivo que o alumnado coñecera espazos asociados ao autor, tales como Córgomo, O Barco de Valdeorras, México… Tamén se traballou o concepto de pseudónimo,  grazas á firma do poeta: “Corgomófilo”. Cantáronse e léronse versos das súas obras: Bebedeira, Cantarenas, O soño do guieiro e Galicia Infinda.

Creouse un cartel coa súa imaxe arrodeada de recordatorios das súas producións, decorouse ese lugar con vidreiras e grilandas feitas con bandeiras de Galicia irmandadas con México. 

Durante á mañá de hoxe, 13 de maio, entregouse agasallos ao alumnado premiado no Certame literario e de debuxo Xosé Carlos Gómez Alfaro