O remo somasco, campión de España

Parabéns ao equipo de cadete feminino CR. Robaleira  xa que conseguiu o ouro este domingo, 1 de maio,  no Campionato de España en Pasaia, Guipuzkoa.  Isto aconteceu logo de acadar o primeiro posto o pasado fin de semana no Campionato Galego de bateis en augas de Rianxo. 

Esta tripulación, na que ía Tecla Baz Baz, alumna de 4º de ESO, e formaba parte dela, como patrón suplente, Gabriel Gómez Rolán de 3º ESO, cruzou a liña de meta cun tempo de 00:07:12,04, por diante das tripulacións da S.D.  Samertolameu e da S.D. Tirán.