Noraboa ao remo Somasco

Unha vez máis, os deportistas do noso centro están de celebración, xa que o pasado fin de semana disputouse o Campionato Galego de bateis en augas de Rianxo, e o CR. Robaleira, en cadete feminino, acadou o primeiro posto, facéndose así co título autonómico, e podendo  competir no campionato estatal. O tempo non nos deixa de sorprender: 7.18:64 en 1500 metros.

Nesta tripulación ía Tecla Baz Baz, alumna de 4º de ESO, e formaba parte do equipo, como patrón suplente, Gabriel Gómez Rolán de 3º ESO.

Neste fin de semana estarán loitando no Campionato de España en Pasaia (Guipuzkoa).

Moita sorte para eles.