Na materia de Lingua Galega e Literatura, no curso de 4º ESO, traballouse nesta actividade para colaborar no proxecto global de centro “Pasiño a pasiño, facendo camiño” que participa no Plan Proxecta. O obxectivo era buscar a orixe etimolóxica de catro topónimos presentes nunha parte da ruta da nosa vila, e desenvolveuse formando catro grupos de alumnos, que tiveron que investigar, a orixe etimolóxica do topónimo elixido.
En catro carteis amarelos (unidos simulando a ruta), color representativo do proxecto, cada grupo plasmou o investigado a través de imaxes, que explicaban de onde procedía a palabra estudada: lingua de orixe, diferentes transformacións na evolución da palabra, e resultado último do termo.
Os topónimos foron: Pasaxe, Aloque, Sangriña e Coutadas.