O camiño Portugués da costa

O luns 4 de abril, o alumnado de 5º e 6º de primaria participou na andaina guiada “Percorremos A Guarda como peregrinos”, actividade escolar proposta polo Concello de A Guarda para dar a coñecer o Camiño Portugués da costa, ao seu paso pola nosa vila, onde os alumnos percorreron uns 5 Km entre o embarcadoiro do Pasaxe ata a praia do Fedorento.

Posteriormente, no mes de maio presentarase un documental do camiño onde os centros escolares formarán parte desa presentación.