becas e axudas para o curso 2022/23

O prazo para solicitar unha beca xeral de estudos non universitarios, é dicir, Bacharelato e Formación Profesional entre outros, será o 30 de marzo e rematará o 12 de maio de 2022. O alumnado debe solicitar a súa beca aínda que non saiba con seguridade o que vai a estudar.

Por outra banda, tamén sairán convocadas antes do previsto as axudas de apoio educativo. Estas axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de apoio educativo derivado de discapacidade, trastorno grave da conducta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista ou por altas capacidades. Neste caso publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

A tramitación realizarase online a través da sede electrónica do MEC para o que necesitaredes crear un usuario e unha contrasinal. Non o deixedes para o último momento, xa que podedes necesitar tempo para preparar algún tipo de documentación.

CONSELLOS PARA SOLICITAR A TÚA BECA

https://www.becaseducacion.gob.es/dudas/asi-de-facil.html

BECAS E AXUDAS A ALUMNOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2022.html


BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html