Este xoves e venres 10 e 11 de marzo, levouse a cabo o concurso de Relato Curto organizado por Coca-cola; o primeiro día en galego, e o seguinte, en castelán. A actividade desenvolveuse a través dunha plataforma dixital na aula de ordenadores do colexio.
Á convocatoria asistiron cinco alumnos de 2º ESO: Sofía Alonso Dorado, Hugo Álvarez Lago, Alba Baz Baz, Cayetana Berrecoso Alonso e Daniel Coballes Vázquez.
Ás 12:00 horas activouse o acceso á citada plataforma e os nosos rapaces comezaron a lle dar renda solta á súa magnífica creatividade.