O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este martes 8 de marzo os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere celebraron o Día Internacional da Muller. Nesta ocasión traballaron nas aulas sobre catro mulleres destacadas nos ámbitos do deporte (Ana Peleteiro), a política (Clara Campoamor), a ciencia (Elena García Armada) e a arte (Maruja Mallo). Así, por exemplo, os nenos da Escola Infantil experimentaron coa cor rosa sobre a obra “Natureza Viva” da pintora Maruja Mallo.

Ao final da mañá, os alumnos de 4º ESO asistiron no Centro Cultural da Guarda á representación teatral titulada “Subterránea”, organizada polo Concello e interpretada pola actriz Mónica Sueiro. Antes de comezar, trala lectura do manifesto a cargo da Concelleira de Igualdade e antes do discurso do Alcalde, a alumna co colexio Tecla recordou diante do numeroso público asistente a tráxica historia que se agocha detrás da data do 8 de marzo de 1908; e a continuación leu un poema adicado as mulleres.