Día da paz 2022

O pasado venres 28 de xaneiro de 2022, os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere conmemoraron o Día da Paz. Para elo, nos día previos levaron a cabo un “Obradoiro de papiroflexia” (previsto no Plan titorial da ESO e Pastoral), para fabricar símbolos de paz en papel. Todo elo acompañado de diferentes documentais e curtos alusivos á paz no mundo, destacando o “Genially da Paz” elaborado pola profe Ana de infantil. Concluída á actividade os profesores do equipo de Pastoral colgaron todos eses símbolos de papel nas lámpadas da entrada do colexio, formando grilandas. Por último, os alumnos do centro personalizaron, por etapas, cada unha das letras que conforman a palabra PAZ, con diferentes mensaxes, incluída a propia palabra Paz en braille no cumio da letra A.