O 24 de outubro celébrase o Domingo Mundial das Misións, coñecido tamén polo acrónimo Domund. No colexio quixemos recordar a historia desta campaña e, os días anteriores, o alumnado de 4º ESO informou dela ao resto de cursos, valéndose dunhas magníficas presentacións elaboras por eles mesmos, logo dun bo traballo de investigación. Alumnado de 3º ESO deseñou mensaxes a modo de recordatorio da campaña.
Os máis pequenos decoraron o seu sobre para o donativo. Os maiores personalizaron os petos de cada aula a tal fin.