31 de outubro de 2020, Ricardo Carvalho CaleroRicardo Carvalho Calero

Durante a semana anterior ao 31 de outubro, data á que trasladou a RAG a conmemoración das Letras Galegas 2020,  traballamos a figura de Ricardo Carvalho Calero atendendo a súa faceta de filólogo e estudándoo como o ideólogo  do Reintegracionismo ou Lusismo (corrente lingüística que sostén que galego e portugués forman parte do mesmo diasistema lingüístico). A actividade tiña como obxectivo que o alumnado usara a lingua galega con estes mínimos lusistas: -lh- e -nh- en vez de –ll- e –ñ-, e soubera por que ás veces encontran estes elementos gráficos. Durante dita semana, do 26-30  de outubro, os mestres e profesores falaron da figura do autor de Ferrol e fixeron traballos de escritura ou debuxo no que fora o alumnado o que, logo dunha explicación soubese integralo en calquera texto propio (data, enunciados, relato curto, redaccións…). Tamén, nun cartel, preparado para a homenaxe, pegáronse os debuxos ou palabras seleccionadas para a dinámica.