3º de Educación Primaria invitados por ORPAGU

O pasado martes 2 de abril de 2019 os alumnos de 3º de Educación Primaria, invitados pola Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU), en unión do mesmo curso do colexio A Sangriña, realizaron unha visita ao Porto de Vigo para coñecer as súas instalacións. Alí, acompañados dun guía, escoitaron primeiro as explicacións de como unhas aves rapaces son as encargadas de manter a raia ás gaivotas cando hai peixe no porto. A continuación visitaron a enorme lonxa de Vigo onde puideron ver e tocar diversos exemplares de peixe espada e quenllas. De alí foron ao viveiro de marisco que contiña exemplares de bois, centolas e bogavantes. E finalmente realizaron unha visita ao palangreiro guardés «Segundo Ribel», onde o armador e a súa tripulación serviron de guías polos diversos compartimentos. Foi alí, precisamente, cando os nenos degustaron unha merenda ofrecida pola asociación ORPAGU. Ao rematar regresamos todos para A Guarda encantados da experiencia vivida.

Axuntamos enlaces da TVG coa participación dos alumnos do colexio durante a visita ao porto de Vigo:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-4077451?t=2781

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-4077000?t=28