Proxecto Educativo

SOBRE NÓS

A nosa identidade como centro católico que participa da misión da Igrexa está vencellada, por unha banda, ao carisma da congregación somasca, fundadora do centro no ano 1957; e, por outra, á Fundación Educere, entidade titular desde 2015, momento no que se integra no noso proxecto educativo a visión, misión e valores desta.

weblogo

En base ao ideario do centro e á súa propia identidade, o colexio configúrase como unha ponte para que alumnos e familias medren en experiencias vitais enriquecedoras.


ESTILO EDUCATIVO

Educar desde a perspectiva humanista cristiá concebindo a fe coma unha opción persoal, libre e consciente, vivida na comunidade e proxectada cara a sociedade mediante o testemuño e o compromiso.

Accións como a oración matinal, a celebración dos tempos litúrxicos e un plan de pastoral activo que integra a educación emocional e proxectos de aprendizaxe-servizo son algúns dos nosos eixos de acción co fin de formar persoas emocional e socialmente competentes, cidadáns responsables para a construción dunha sociedade mellor.

  • Como educadores

Acompañar ao alumnado no seu proceso de crecemento formativo e persoal, axudándolle a descubrir os seus talentos e fortalezas e a desenvolvelos para o seu aproveitamento futuro.

  • Outros trazos
  • Somos espacio aberto, con especial adicación e entrega aos máis necesitados ().
  • Vivir a fe, como centro da Igrexa Católica, desde a realidade e o contexto actual.
  • Concepción da comunidade educativa como “familia somasca”.
  • Eixos prioritarios:

alumnado: atención protocolizada a ANEAE -programa de reforzo educativo e agrupamentos flexibles-; gabinete psicopedagóxico; programa de orientación e asesoramento académico; titorías enfocadas ao desenvolvemento das intelixencias inter e intrapersoal, etc.

familias: atención individualizada por parte de todo o equipo docente; atención titorial persoal e colectiva, segundo as necesidades; orientación e asesoramento académico; participación en programas, actividades e celebracións

 profesorado: formación continua en metodoloxías indutivas.