Todo o proxecto é proporcionado pola Xunta de Galicia, o centro non é propietario do equipamento e as indicacións que seguimos son as da propia Xunta de Galicia.
Soporte proporcionado pola Xunta de Galicia:
O proxecto conta co Servizo Premium de atención, soporte e acompañamento. Accesible a todos os implicados no proxecto E-dixgal, pódese facer mediante:
– 881 86 99 00
– soporte.premium@edu.xunta.es
– WhatsApp no número 604 06 78 56
– Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal
– Puntos físicos adheridos ao proxecto, Informática Jaime (rúa Galicia 37, A Guarda) ou Máster Cadena (rúa Gondomar 59, Tomiño), son os puntos que se atopan máis preto.
No caso de que se contacte ao soporte en relación ao equipamento, a información que van solicitar é:
– A referencia do equipamento (figura na parte inferior do ordenador, no contrato de cesión e na pegatina indicativa co escudo do centro)
– Nome do colexio
– Nome e curso do alumn@, que ten o equipo en cesión
Seguro para o equipo:
A Xunta de Galicia posibilita a todas as familias que así o desexen, a opción de contratar un seguro voluntario e anual, para máis información ou contratar:
Enderezo web: https://coberturasir.plexus.es/
Teléfono: 881505136