Educar desde a perspectiva humanista cristiá concebindo a fe coma unha opción persoal, libre e consciente, vivida na comunidade e proxectada cara a sociedade mediante o testemuño e o compromiso.
Accións como a oración matinal, a celebración dos tempos litúrxicos e un plan de pastoral activo que integra a educación emocional e proxectos de aprendizaxe-servizo son algúns dos nosos eixos de acción co fin de formar persoas emocional e socialmente competentes, cidadáns responsables para a construción dunha sociedade mellor.
- Como educadores
Acompañar ao alumnado no seu proceso de crecemento formativo e persoal, axudándolle a descubrir os seus talentos e fortalezas e a desenvolvelos para o seu aproveitamento futuro.
- Outros trazos
- Somos espacio aberto, con especial adicación e entrega aos máis necesitados ().
- Vivir a fe, como centro da Igrexa Católica, desde a realidade e o contexto actual.
- Concepción da comunidade educativa como “familia somasca”.
- Eixos prioritarios:
–alumnado: atención protocolizada a ANEAE -programa de reforzo educativo e agrupamentos flexibles-; gabinete psicopedagóxico; programa de orientación e asesoramento académico; titorías enfocadas ao desenvolvemento das intelixencias inter e intrapersoal, etc.
–familias: atención individualizada por parte de todo o equipo docente; atención titorial persoal e colectiva, segundo as necesidades; orientación e asesoramento académico; participación en programas, actividades e celebracións
– profesorado: formación continua en metodoloxías indutivas.