O pasado xoves, día 5, o alumnado de 1º de ESO, na clase de Bioloxía, participou nunha xornada de formación ambiental adicada a poñer en valor as zonas húmidas de Galicia. Durante unha sesión, os estudantes afondaron no coñecemento de ecosistemas fundamentais como ríos, os humedais, as xunqueiras e os bosques, analizando a súa importancia para o equilibrio ecolóxico do noso territorio.
Despois dunha sesión teórica, a xornada adquiriu un enfoque práctico cun obradoiro de rastros e pegadas. Nesta sesión, os estudantes puideron observar e manipular diversos restos biolóxicos que permiten identificar a presenza de fauna no medio natural, tales como a plumaxe, mudas de pel de serpente e egagrópilas (restos non dixeridos que as aves expulsan en forma de bola).
Para rematar esta experiencia, os alumnos e alumnas realizaron un obradoiro artesanal no que elaboraron moldes de barro con pegadas de distintas especies autóctonas, levando consigo un recordo tanxible desta aprendizaxe. Agradecemos a patrimonio da Xunta de Galicia a realización desta actividade.
#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #somoseducere #secundaria #bioloxía










