Construíndo unha ponte para a paz

A celebración do Día mundial pola paz e a non violencia, tema que traballamos xa na aula ao longo da semana, centrouse esta vez na contextualización do lema do curso, “Construíndo pontes… de comunicación”. 

Os piares e as cadeas que conforman este símbolo reflicten o noso desexo e compromiso a prol da  convivencia pacífica, respectuosa e ordenada dos pobos e as persoas. O acto completouse con reflexión, música e un enorme corro humano. 

#colegiopadressomascos #fundacióneducere #unlugarparacrecer #somoseducere #díaescolardanonviolenciaeapaz