O cubismo de Picasso

Na materia de Ciencias Sociais o alumnado de 1º, 2º e 4º de Educación Primaria coñeceu a figura de Pablo Picasso e a súa etapa cubista a través dun proxecto interdisciplinar.
Tras o visionado de materiais audiovisuais e a realización dun pequeno cuestionario, o alumnado traballou en grupos cooperativos representando elementos da localidade, da cidade e distintos desastres naturais desde unha visión realista e outra inspirada no cubismo.
O resultado final son obras plásticas en gran formato realizadas con técnicas mixtas, que se expoñen no corredor de Primaria, convertido nunha auténtica pinacoteca escolar. #colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #educaciónprimaria #cienciassociais #cubismo #pablopicasso @fundacion_educere