Esta semana, o alumnado de 6º de Ed. Infantil e Ed. Primaria realizou a tradicional visita á residencia Monte Tecla. Os nenos e nenas cantaron panxoliñas para amenizar á estancia dos nosos maiores, que acompañaron tamén aos pequenos cantando e dando palmas.
Dende o colexio queremos agradecer á residencia que nos acolleran outro ano máis cos brazos abertos, aos pais e nais por aportar o seu gran de area neste evento e ao Padre Carlos por acompañar coa guitarra e moita ledicia. Bo nadal a todos e… viva a música! #colegiopadressomascos #unlugarparacrecer#somoseducere #residenciamontetecla #panxoliñas #nadal#educaciónnfantil #educaciónprimaria @fundacion_educere
