3 de decembro: Día Internacional da Discapacidade.

3 de decembro: Día Internacional da Discapacidade. No noso centro celebramos esta xornada destacando que todas as persoas temos capacidades diferentes. O alumnado de todos os ciclos participou en actividades de sensibilización: proxección de curtametraxes, creación de murais e flores inspiradas nos vídeos, coloreado de debuxos e fichas de reflexión.
Tamén realizamos dinámicas de empatía, como probar froitas cos ollos tapados para comprender a importancia dos sentidos, e na etapa de Educación Infantil tamén tiveron unha primeira aproximación ao sistema Braille.
Un día para aprender, sentir e lembrar que a inclusión constrúese entre todas e todos 💕✨ #colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #escuelainfantil #educacióninfantil #educaciónprimaria #educaciónsecundaria #díadadiscapacidade @fundacion_educere