Con motivo da Celebración da Semana da Ciencia, a etapa de Secundaria contou con varias actividades de divulgación científica que queremos compartir a continuación;
En primeiro lugar agradecemos ao Programa PONTEAZERO o obradoiro de
“Microcompostaxe na aula” dirixido a 1º da ESO, e a charla coloquio “Evitando o estrago alimentario” dirixida ao alumnado de 3º da ESO.
Agradecer tamén a presenza da divulgadora científica Eva Covelo que convertiu a Biblioteca en todo un taller de tecnoloxía alimentaria, para o alumnado de 3º da ESO. #colegiopadressomascos #un lugarparacrecer #secundaria #somoseducere #semanadaciencia #biblioteca #ponteazero @fundacion_educere




