Ciberseguridade no cole! O pasado 7 de novembro, o alumnado de 1º e 2º da ESO, asistiu a final do Concurso de Ciberseguridade no Cole!, presentado por Esther Estévez (presentadora do Programa “DígochoEu” de TVG) dentro do V Encontro CIBER.gal, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela).
O curso de 2º da ESO participou no mes de outubro, na primeira fase: unha primeira proba en liña e aínda que non pasamos á segunda fase, acudimos á final.
O obxectivo de todo isto é sensibilizar aos alumnos sobre os riscos que poden atopar no uso das tecnoloxías dixitais e, ao mesmo tempo, ensinarlles de forma amena e acorde á súa idade boas prácticas en materia de ciberseguridade. #colegiopadressomascos#unlugarparacrecer#somoseducere#educaciónsecundaria#ciberseguridade#cibergal#ciberseguridadenocole @fundacion_educere

