Este ano todo o alumnado de Bioloxía do centro comezou o curso coa situación de aprendizaxe Galicia en chamas!!! derivada dos numerosos e perigosos incendios que arrasaron Galicia no pasado verán. O alumnado a partir das noticias da prensa convertiuse nun equipo de investigación e sensibilización sobre a problemática dos incendios.
Analizaron as zonas máis afectadas, especies en risco, o seu impacto económico e social e mesmo chegaron a entrevistar a un bombeiro de Ponteareas. Tamén recadaron outras testumuñas como as dos veciños de Mougás.
Completaron todo isto coa elaboración de maquetas co fin de reproducir e analizar a propagación do fogo segundo o vento, o tipo de vexetación e a humidade.
Finalmente como produto final asistiron a charla de coidado da Natureza e prevención dos incendios dentro do Programa do Plan Director impartida pola Garda Civil.
#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #somoseducere #fundacióneducere #galiciaenchamas #situacióndeaprendizaje #secundaria
