Este venres 24 de outubro de 2025 os alumnos de 5º e 6º de E.P. do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere visitaron o Museo de historia natural “Naturnova”, que a Fundación Abanca ten situado na rúa Velázquez Moreno nº 18, en Vigo. Nese museo se presenta de forma clara e resumida o noso medio ambiente co obxectivo de estimular o coñecemento do mundo que nos rodea. A experiencia foi moi gratificante pois os alumnos exploraron moitos e variados temas dunha forma activa e lúdica, xa que a información se presenta mediante imaxes virtuais, obxectos, mapas, olores… A visita, que durou hora e media, estivo dividida en tres módulos interactivos e foi dirixida por tres monitores os cales lles puñan “probas” escritas ao rematar cada módulo. Ao final todo o alumnado quedou moi satisfeito coa visita, e dende alí marchamos a merendar á alameda á espera da chegada do autobús. E o máis importante: foi un día de convivencia e divertimento para os nenos e nenas que participaron, e tamén para os profesores que os acompañaron.
#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #somoseducere #fundacióneducere #naturnova #FundaciónAbanca #museo #cienciasnaturales #cienciassociales








