O colexio encheuse de animais!

O alumnado de 2º e 3º de Primaria participou nun proxecto sobre os animais no que aprenderon, de forma cooperativa, sobre os vertebrados e invertebrados, os seus hábitats, alimentación e coidados.
Un dos momentos máis especiais foi a visita dunha veterinaria, que acudiu ao centro acompañada do seu can e do seu gato. Falou da súa profesión e da responsabilidade que implica ter unha mascota. Ademais, algúns nenos e nenas tamén trouxeron as súas mascotas á aula, o que fixo a experiencia aínda máis emocionante.
Como peche do proxecto, realizouse unha exposición con animais en 3D elaborados polo propio alumnado:
• 3º de Primaria traballou os animais vertebrados e presentoullos aos compañeiros de 2º.
• 2º centrouse nos insectos, que logo explicaron aos de 3º.
Un proxecto cheo de aprendizaxes, creatividade e respecto polos animais.
Parabéns a todo o alumnado polo seu gran traballo!  #fundacióneducere #unlugarparacrecer #colegiopadressomascos #somoseducere #educaciónprimaria #cienciasnaturales  #proyecto #animales @fundacion_educere