Cambio de etapa

Un novo cambio cheo de ilusión! Esta semana vivimos momentos moi especiais dentro do Plan de Acollida para 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria.
Os nenos e nenas de 6º de Infantil visitaron a aula de 1º de Primaria e coñeceron aos seus futuros profesores, compartiron xogos e descubriron que primaria tamén pode ser divertida e emocionante!
Por outra banda, o alumnado de 6º de Primaria participou dunha charla onde resolveron dúbidas sobre horarios, materias novas e visitaron os distintos espazos de secundaria. Unha actividade pensada para tranquilizar e motivar!
Porque cada etapa é un novo comezo, no noso centro creamos pontes que unen, acollen e preparan para avanzar con seguridade e confianza.
#PlanDeAcollida #CambioDeEtapa #ConvivenciaEscolar
#unlugarparacrecer #colegiopadressomascos #fundacioneducere @fundacion_educere