EXCURSIÓN AS ILLAS CÍES (13 de xuño)


O pasado venres 13 de xuño de 2025 todo alumnado de EP do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, foi de excusión ás illas Cíes. Saímos en autobús dende A Guarda ata a vila de Baiona onde –tras tomar a merenda de media mañá– collemos o barco que nos trasladou ás citadas illas. Unha vez alí un grupo de guías nos fixo unha ruta pola illa principal, aínda que non nos levaron ata o faro polas malas condicións do tempo. De feito choveu en varios momentos da andaina. De regreso fomos a comer a cuberto na terraza do restaurante alí existente. Despois, una vez que mellorou o día, os nenos e nenas se bañaron e xogaron na praia sen parar. A media tarde os guías da mañá fixéronlles uns xogos na area, e ao rematar, tras un baño de última hora, volvemos a coller o barco de regreso a Baiona. Nesa viaxe reinou un gran ambiente na cuberta superior dado que as monitoras puxeron música de baile. Unha vez en Baiona, a viaxe de regreso se fixo nos mesmos autobuses, culminando así un día moi intenso para todos. #colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #educaciónprimaria #islascíes @fundacion_educere