VISITA AO MONUMENTO AOS FUSILADOS NA GUERRA CIVIL (9 de xuño)

Este luns 9 de xuño de 2025 o alumnado de 4º ESO do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, realizaron unha visita ao monumento que no ano 1986 se levantou aos presos fusilados da Cárcere da Pasaxe durante a última Guerra Civil española. Unha actividade realizada na clase de Xeografía e Historia para comprobar in situ o acaecido nas retagardas da frontes de guerra, neste caso cos presos do bando republicano trala conquista do Norte peninsular (Asturias, Cantabria e País Vasco) polo bando nacional no ano 1937. O monumento ocupa o lugar onde foron fusilados un numeroso grupo de presos, no muro exterior do antigo cemiterio, aínda que hoxe queda xa dentro do cemiterio trala súa ampliación. Unha visita feita a toda présa e baixo un sol de xustiza.

#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #educaciónsecundaria #xeografíaehistoria @fundacion_educere