Este luns 9 de xuño de 2025 o alumnado de 2º ESO do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, realizaron un tramo do camiño portugués ao seu paso pola vila da Guarda. Unha actividade realizada durante a clase de Xeografía e Historia para comprobar in situ uns dos camiños de Santiago medievais que estudaron nesta última avaliación. Enlazamos co camiño no cruce das rúas Pacífico Rodríguez e Vicente Sobrino (antigamente carreteira de Castela), e fomos cara a vila intramuros. Entramos pola praza de Xoán Bautista Alonso (Monterreal), e nos fomos ata a o espazo que ocupaba o antigo Hospital de San Marcos, albergue de peregrinos na Idade Media. Dende alí saímos á Guarda extramuros e continuamos polo vello camiño do Calvario que se dirixía ata o Mosteiro de Oia, cheo de cruceiros incrustados nas paredes. Ata que nos desviamos no cruce á capela da Guía e regresamos ao colexio.
#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #educaciónsecundaria #caminodesantiago #caminoportugués #caminoportuguésmedieval
@fundacion_educere



