Parabéns á gañadora!!
O sábado 7 de xuño foi a entrega do premio do VII Certame literario Xosé Carlos Gómez Alfaro “Homes e mulleres do mar”. Tivo lugar na sede da Organización de Palangreros Guardeses.
Destacamos que a gañadora é Gabriela Alfaya Rebollar, coa súa obra “A misteriosa illa das redeiras”, alumna de 5º de Primaria do noso centro. No mesmo acto tamén se entregaron diploma a todos os participantes.
Felicitámola por este logro e esperamos que sexa un de moitos.
#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #educaciónprimaria #OR.PA.GU #certameliterario #xosecarlosgomezalfaro @fundacion_educere






