VISITA AO SIMULACRO DA GUARDIA CIVIL (22 de maio)

Este xoves 22 de maio de 2025 o alumnado dos cursos de 5º e 6º de EP e 1º da ESO do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, asistiu a un simulacro da Guardia Civil no estadio municipal de fútbol; ao igual que os nenos e nenas dos demais colexios da localidade. O acto comezou cunha presentación na que se lles explicou todas as actividades e dedicacións que realiza este corpo armado na defensa dos dereitos dos cidadáns e a súa integridade. A continuación os alumnos baixaron das gradas e por grupos visitaron os diferentes postos levantados sobre o céspede para participar no manexo dos dispositivos, aparatos e vehículos usados polos axentes no desempeño das súas funcións. Finalmente asistiron a unha fantástica demostración de dous cans adestrados para a detección de sustancias prohibidas e de explosivos. Un ano máis a demostración foi todo un éxito. Moitas grazas a Guardia Civil por compartir cos nenos e nenas da localidade o seu traballo.

#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #educacíónprimaria #educaciónsecundaria #guardiacivil