Durante a semana previa ao 17 de maio, o noso colexio celebrou o Día das Letras Galegas 2025, este ano dedicado á Poesía Popular Oral: ás Cantareiras, símbolo vivo da tradición galega.
Con motivo desta conmemoración, organizáronse diversas actividades para poñer en valor a nosa lingua e cultura. Entre elas, destacamos o Certame Literario e de Debuxo “X.C. Gómez Alfaro”, para premiar a creatividade do noso alumnado.
Contouse tamén cun espazo especial, o recuncho sensorial “Sinte Galicia!”, onde se puideron experimentar os aromas, texturas e sons característicos da nosa terra,
A semana culminou coa entrega de premios do certame, que foi amenizada pola actuación das “Cantareiras Somascas” dirixida por unha nai e unha avoa do centro, que conseguiron achegarnos a súa música e canto como exemplo da nosa tradición oral.
#colegiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #escuelainfantil #educacióninfantil #educaciónprimaria #educaciónsecundaria #cantareiras #XoséCarlosGómezAlfaro #DíadasLetrasGalegas
