Este xoves 15 de maio de 2025 o alumnado dos cursos de 5º e 6º de EP do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, invitados pola asociación Piueiro, visitaron a exposición sobre o mundo da pesca existente precisamente na Casa do Pescador. Nesa exposición un membro da asociación, tras facerlle unha recepción aos nenos e nenas do colexio, fíxolles ver a importancia de coñecer e conservar o patrimonio mariñeiro da Guarda, moito del xa non usado actualmente. Así, lles explicou como eran as antigas embarcacións guardesas (volanteiros, gamelas), as artes e aparellos de pesca, así como as seculares marcas mariñeiras de ditos aparellos. Ao final da visita moitos dos alí presentes aprenderan unhas cantas palabras novas, como por exemplo a propia palabra «piueiro», que é unha áncora de pedra. A visita foi sen dúbida moi interesante para todos. Parabéns para asociación Piueiro.
#colagiopadressomascos #unlugarparacrecer #fundacióneducere #somoseducere #educaciónprimaria #Piueiro








